Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición fotográfica ‘Trece luces na nosa costa’

Exposicion Faros Antonio Malpica
O Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición fotográfica ‘Trece luces na nosa costa’

A partir deste sábado 6 de novembro, o Centro Cívico de Malpica acolle a exposición fotográfica ‘Trece luces na nosa costa’, de Antonio Fernández. Unha proposta da man da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña, a través da cal este mestre xubilad trata de contar a historia dos faros da Costa da Morte e a evolución da súa función ao longo do anos. O autor conta con seis premios en diferentes certames que poñen de manifesto a calidade do seu traballo.

O acto de inauguración da mostra realizarase o sábado 6 de novembro ás 19:00 horas no Centro Cívico. As pezas permanecerán expostas desde ese mesmo día ata o 10 de decembro. O horario de visitas será de luns a venres de 10.00 a 13:30 e de 15:30 a 20:00 horas.

Comentarios