Luns. 18.11.2019
El tiempo

O Centro Cívico de Malpica xa acolle a exposición “o Océano que nos une”

Inauguración da exposición do REMA en Malpica
Inauguración da exposición do REMA en Malpica
O Centro Cívico de Malpica xa acolle a exposición “o Océano que nos une”
O Centro Cívico de Malpica xa acolle a exposición “o Océano que nos une”

Despois de varias paradas pola Costa da Morte, a de Malpica será a última na Costa da Morte da exposición «O océano que nos une». O Centro Cívico Cultural acolle a mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). O horario de visita ata o 3 de novembro, será de luns a venres de 09:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

A intención era a de instalar os 10 paneis informativos no Ecomuseo Forno do Forte de Buño, un dos primeiros espazos adheridos á rede REMA, pero as pequenas dimensións do mesmo obrigou a trasladalos ao Cento Cívico da capital municipal.

Prazo aberto

A rede REMA é un dos eixos vertebradores de Morada Atlántica, un proxecto colaborativo impulsado polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que inclúe entre os seus socios oito GALP de Portugal, tres de Andalucía e un procedente das Illas Canarias.

O prazo para a adhesión de novos museos á rede REMA permanecerá aberto ata o vindeiro venres, 1 de novembro.

Novas relacionadas

Comentarios