Venres. 26.04.2024
El tiempo

El Combo volve á Costa! Fin de semana verbena en Malpica

Verbena en Malpica marzo 2022
El Combo volve á Costa! Fin de semana verbena en Malpica

Volven as orquestras á Costa da Morte. Farano El Combo Dominicano e a Orquestra Cinema os vindeiros 18 e 19 de marzo a Malpica. A Concellería de Turismo Festexos e Mar colocará unha carpa climatizada de máis de 600 metros cadrados na zona porturaria para acoller o evento.

Así, para o vindeiro venres, ás 22:00 horas, comezará a verbena coa música da discoteca móvil La Mega CDC. Media hora máis tarde Malpica recibirá ao Combo Dominicano poñendo todo o son e ritmo á noite. A verbena durará ata a madrugada alternado a actuación da orquestra e de La Mega CDC.
O sábado, 19 de marzo, a primeria actividade será unha feira que se situará ao longo da rúa principal de Malpica, e que estará aberta ata o fin do día, aproximadamente ás 20:00 horas. Xa pola noite, a zona portuaria volverá a ter música con CDC Minidisc, que dará paso á Orquestra Cinema, que presentará, por primeira vez, o espectáculo co que inician a xira do verán 2022.

Comentarios