Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Comisión de Mallas da Area utlima os preparativos para o I Foro do Mar

Foro Malpica Bergantinos
A Comisión de Mallas da Area utlima os preparativos para o I Foro do Mar

Presentaba onte a Comisión de Festas Mallas de Area de Malpica as súas Festas do Santo Hadrián. Pero seguramente non será esta a cita na que máis esforzo están poñendo. Porque a xente de Mallas de Area, co obxectivo de promover 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐜𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐞𝐧𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐬𝐨𝐬𝐭𝐢𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨, de poñer en valor os nosos patrimonios, está inmerso nun evento social moito máis complexo.

Coa idea de convertese nun 𝐩𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐬𝐢𝐧𝐞𝐫𝐱𝐢𝐚𝐬 entre os diferentes sectores da nosa vila e máis aló, o colectivo ten preparado para este sábado 1 de xuño, o I Foro do Mar. O Centro Cívico de Malpica acollerá este evento organizado xunto coa Confraría de Pescadores e a colaboración municipal.

Este debate sobre o potencial do noso mar será a partir das 18:00h. Constará de 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐨𝐬. O primeiro acto será a 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐨 𝑪𝒐𝒓𝒑𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒎𝒂𝒓, de Héctor Pose. A obra é un ensaio rebozado de emoción literaria sobre a decisiva influencia do mar nas vidas das xentes da Costa da Morte.

O segundo, unha 𝐦𝐞𝐬𝐚 𝐫𝐞𝐝𝐨𝐧𝐝𝐚, da man dos seguintes convidados, expertos nas súas ramas profesionais, vinculados ao mar, e dirixidos polo experimentado periodista malpicán da TVG, 𝐀𝐧𝐱𝐨 𝐏𝐞́𝐫𝐞𝐳:

  • Un 𝐦𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐞 𝐩𝐨𝐞𝐭𝐚 . Modelista naval, que converte os barcos en baleas: 𝐗𝐨𝐬𝐞́ 𝐈𝐠𝐥𝐞𝐬𝐢𝐚𝐬 .
  • Unha 𝐚𝐛𝐨𝐠𝐚𝐝𝐚, que non podendo vivir sen o mar, buscou a maneira de vincular a súa profesión a este medio: 𝐑𝐨𝐬𝐚 𝐂𝐡𝐚𝐩𝐞𝐥𝐚.
  • Un 𝐛𝐢𝐨́𝐥𝐨𝐠𝐨, que leva unha vida adicada ó estudo do impacto do cambio climático na bioloxia mariña: 𝐀𝐥𝐟𝐫𝐞𝐝𝐨 𝐕𝐞𝐢𝐠𝐚.
  • Un 𝐦𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐨, que fai pedagoxía da pesca dende a súa embarcación de baixura: 𝐑𝐨𝐠𝐞𝐥𝐢𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬.
  • Un 𝐞𝐬𝐜𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫, que non pode deixar de plasmar na súa obra, a marca definitiva do mar na súa imaxinación: 𝐇𝐞́𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐏𝐨𝐬𝐞.

Haberá despois unha 𝐫𝐨𝐥𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐠𝐮𝐧𝐭𝐚𝐬.

Deixamos de paso o cartel das Festas do Santo Hadrián, deseño de Abraham Vila.

Festas do Santo Hadrian de Malpica 2024
O cartel das Festas do Santo Hadrian de Malpica 2024

Comentarios