Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Concello de Malpica adquire unha parcela clave para o novo centro de saúde

Eduardo Parga coa propietaria da parcela
Eduardo Parga coa propietaria da parcela
O Concello de Malpica adquire unha parcela clave para o novo centro de saúde

O Concello de Malpica de Bergantiños adquiriu a parcela que se destinará á construción dun novo centro de saúde. O alcalde, Eduardo Parga, asinou onte ante notario a compra da parcela, que ten unha superficie de 4.245 metros cadrados e un custo de 165.300 euros sen IVA, das cales se cederán 1.800 metros cadrados se cederán ao Sergas.

O novo centro, que terá unha superficie duns 1.000 metros cadrados ou que duplicará ao actual, e contará con:
• Catro consultas de medicina xeral, tres de enfermería para adultos, unha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica. Isto supón un aumento de tres
consultas de adultos e unha consulta de enfermería pediátrica.
• O novo centro terá espazos propios para a sala de toma de mostras e á sala de urxencias que agora sitúanse en espazos compartidos.

Comentarios