O Concello de Malpica conmemorará o Día Mundial Contra o Cancro cunha exposición de fotos
Este venres, día 4, conmemórase o Día Mundial Contra o Cancro. Na Fundación Científica Asociación Española Contra o Cancro (AECC) levan medio século apoiando a investigación desta enfermidade para mellorar a calidade de vida dos doentes e co obxectivo de acadar o 70% de supervivencia no 2030.
Neste marco, dende este xoves e ata o 18 deste mes, o Centro Cívico e Cultural de Malpica acollerá a exposición de fotos “Asociación Española Contra o Cancro: 50 anos cambiando a historia do cancro”. A inauguración da mesma será o xoves 3 de febreiro ás sete da tarde. O Concello colabora nesta iniciativa e lembra a importancia de facerse socios da entidade para apoiar a causa. Agora é moi doado a través dun código QR que mesmo acompaña o cartel da mostra fotográfica.