Luns. 06.05.2024
El tiempo

Conta atrás para a XV Foliada de Raigañas de Cerqueda

Foliada de Cerqueda
Conta atrás para a XV Foliada de Raigañas de Cerqueda

O lugar de As Pozacas de Cerqueda acollerá o vindeiro 29 de abril a IX Foliadiña e a XV edición da Foliada de Raigañas. Farao cunha ampla variedade de propostas lúdicas e culturais, xa dende as 13:30h, cunha sesión vermú amenizada polos grupos Arredores e Raigañas.

Pola tarde, tanto os cativos como os adultos poderán gozar desde as 17.00 ata 19.00 horas, de distintos obradoiros, de balde, entre os que se inclúen un de
regueifa, a cargo de Lupe Blanco; un de barro con María de Feituras e outro de baile a cargo de Carme de Pontragha.

A música popular será a grande protagonista a partir das 19.00 horas, co comezo da Foliadiña para os máis cativos e unha hora máis tarde a tradicional
Foliada, que encherá de ritmo a tarde nas Pozacas (Cerqueda).

A organización informa de que se seguirán anunciando novidades e de que haberá servizo de comida e de taberna tanto ó mediodía como á noite. 

Comentarios