xoves. 01.05.2025
El tiempo

Continúa o Curso de Monitor de Fútbol Base en Malpica con pouca aceptación

Continúa o Curso de Monitor de Fútbol Base en Malpica con pouca aceptación
Presentacion do Curso de Monitor de Futbol Base en Malpica

Saben que para o ano que vén será necesario ter o curso de Monitor de Fútbol Base para adestrar ás categorías inferiores. E xa van varios cursos pero a resposta é pequena. Apenas 16 adestradores están participando cno urso de monitor de fútbol base que imparte a Escola Galega de Adestradores en Malpica, e que se preentaba a semana pasada.

Na xuntanza estiveron, por parte do Concello de Malpica, o alcalde, Eduardo Parga; o tenente de alcalde, Miguel Fernández, e o técnico de Deportes, Pablo Lista. Asistiron tamén Manuel Mosquera, director da Escola Galega de Adestradores, e Manuel Corredoira, encargado de impartir o curso de monitor de fútbol base.

E Manuel Mosquera lembrou que a partir de setembro será obrigatorio dispoñer desta titulación para adestrar equipos de base. Pola súa banda, Manuel Corredoira destacou a importancia de que os nenos e nenas sexan atendidos por profesionais ben formados.

Novas relacionadas

Máis artigos de Corredoira

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
.

Comentarios