Martes. 23.04.2024
El tiempo

Critican a retirada da bandeira LGTBI do Concello de Malpica

Casa do Concello de Malpica ca bandeira multicolor
A bandeira multicolor lucía na Casa do Concello de Malpica ata esta semana
Critican a retirada da bandeira LGTBI do Concello de Malpica

Os socialistas de Malpica queren facer público o seu malestar pola decisión do PP de retirar do concello a bandeira que simboliza a defensa dos dereitos do colectivo LGTBI. Uns días despois do “asalto o poder tras a moción de censura, o PP non ten mellor cousa que facer que retirar a bandeira, posta polo goberno de esquerdas que lideraba o PSOE en defensa das liberdades e dos dereitos LGTBI”, lamenta Walter Pardo.

O PSOE lembra que ata o pasado 31 de xullo, rexistráronse este ano en España un total de 748 delitos susceptibles de ser calificados como delitos de odio, nun elevado número de casos agresións por orientación sexual e identidade de xénero.

Comentarios