Cs tomará medidas contra Alfredo Cañizo tras chegar a un acordo sen a autorización do comité de pactos
A investidura de Walter Pardo como novo alcalde socialista, co apoio do BNG, vaille custar un prezo a Alfredo Cañizo. O candidato de Ciudadanos, que ata estas eleccións sempre fora independiente, xa avisara que non ía facer demasiado caso ás directrices do partido laranxa. E así o fixo, apoiando a investidura de Pardo, aínda por determinar como se fixará un máis que posible goberno tripartito.
Dende Ciudadanos Galicia veñen de sinalar que tomarán “as medidas oportunas contra o seu concelleiro en Malpica tras facilitar co seu voto e o dos dous concelleiros do BNG que o socialista, Walter Pardo, sexa o alcalde desta localidade coruñesa. Unha decisión para a que non estaba legitimado xa que todos os acordos e decisións deste tipo teñen que estar aprobadas polo Comité de Pactos Autonómico”, explican dende o ente autonómico.
”Cs Galicia asegura que este concelleiro da formación laranxa en Malpica actuou de xeito unilateral e sen o consentimento do partido”.