Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Malpica pide colaboración cidadá para atopar aos responsables do acto vandálico no letreiro de Nadal de Buño

acto vandalismo buno nadal-malpica
O letreiro estaba colocado na rotonda de Buño
O Concello de Malpica pide colaboración cidadá para atopar aos responsables do acto vandálico no letreiro de Nadal de Buño

O Concello de Malpica de Bergantiños denunciou publicamente un acto vandálico que causou danos significativos no letreiro de Nadal situado na rotonda da AC-418.
O tenente alcalde de Malpica e concelleiro de Servizos e Turismo, Alfredo Cañizo, comunicou os feitos á policía local, que xa iniciou as investigacións necesarias para identificar á persoa ou persoas responsables.

Cañizo lamentou este acto vandálico, que cualificou de "incívico e lamentable". "É fundamental que todos coidemos do noso municipio e respectemos os bens públicos", sinalou.

O Concello de Malpica fai un chamamento á colaboración cidadá para que, se alguén ten información sobre os responsables deste acto vandálico, póñaa en coñecemento da policía
local. Os actos vandálicos, un problema que afecta a todos.

Comentarios