mércores. 30.04.2025
El tiempo

Desembarco Pirata no Entroido malpicán

Desembarco Pirata no Entroido malpicán
Piratas do Caribe no Entroido de Malpica Os Piratas do Caribe invadindo o Entroido de Malpica

Xa está toda Malpica pensando na Mikaela de Buño do vindeiro sábado. Pero esta primeira fin de semana de orellas e filloas non ficou muda.

Desembarco pirata o que vivíu Malpica este pasado domingo. “Os Piratas do Caribe”, coa súa impoñente embarcación, acadaron o primeiro premio no Concurso de Comparsas celebrado hoxe pola tarde na Praza de Villar Amigo. O mal tempo obrigou a retrasar a saída do desfile, pero a choiva respectou a tradición, e, de feito, non caeu unha gota ata o remate do animado percorrido, no que tamén foron agasalladas as comparsas “O parchís” e “Tribu comanche” co segundo e terceiro premios, respectivamente.

Na categoría infantil o galardón foi para “Os velliños de Malpica”, e no certame de piñatas triunfou “O zoo de Malante”. O alcalde, Eduardo Parga, e o tenente de alcalde, Miguel Fernández, foron os encargados de entregar os galardóns na praza, e tamén no Centro Cívico, onde continuou a festa co concurso de disfraces para maiores que se celebrou durante o baile social, amenizado polo dúo Nuevo Siglo.

Os Piratas do Caribe no Entroido de Malpica Os Piratas do Caribe no Entroido de Malpica

Os protagonistas foron as patas de pau, os parches nos ollos e as bandeiras coa caveira. “Os Piratas do Caribe” foron os gañadores do primeiro premio, e “As nenas xemelgas”, do segundo. Para as dúas comparsas houbo cestas repletas de produtos típicos do Entroido.

As nenas Xemelgas levaron o segundo premio do Entroido de Malpica As nenas Xemelgas levaron o segundo premio do Entroido de Malpica

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios