Dous feridos en sendos accidentes acontecidos en Malpica e Muros esta pasada noite
- Un operario caeu dunha altura en Dumbría
Esta pasada noite rexistrábanse dous accidentes nas estradas da comarca. Arredor das 20:30, unha persoa tiña que ser trasladada en ambulancia trasun accidente entre dous vehículos na estrada das Paxareiras. Foi na estrada AC-400, arredor do punto quilométrico 90, e acodiron á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos membros do GES de Muros e aos servizos sanitarios. Finalmente, o GES de Muros confirmou que a persoa ferida foi trasladada en ambulancia.
Accidente en Malpica
Pouco antes das 23:00h, rexistrábase outro accidente na AC-418 que une Malpica e Carballo, a altura da Fonte dos Bois. Tratouse dunha saída de vía que provocaba o envorco do vehículo, tendo que ser trasladada a persoa ferida leve, en Ambulancia. Ao lugar tamén acodiron Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Carballo, ao Ges de Ponteceso e ao 061.
Accidente laboral
Pola tarde, arredor das 17:45h, rexistrábase ademais un accidente laboral en nunha casa de Buxán, Dumbría, cando un operario resultou ferido ao caer dunha altura duns tres metros desde o alto dunha construción.