Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Durísima subida de taxas en Malpica

Durísima subida de taxas en Malpica
Plan de Axuste

Tempo de recortes, xa o apunta Louzán nas súas Verdades, e non hai parada. Onte, facía público o Concello de Malpica unha drástica subida, no marco do seu Plan de Axuste.
Aprobada cos votos do equipode goberno formado polo PP e o independiente Alfredo Cañizo, e cos votos en contra do PSOE e do BNG, as medidas son duras para os cidadáns.

As taxas da ludoteca, por exemplo, subirán un 153%, pasando de 12 a 30€ mensuais. Igual acontece coas actividades deportivas e culturais, que pasan de 9,60€ a 26€. A escola de artes escénicas tamén sobe un 80%, semellante ao do aluguer do poliderpotivo.

Tamén soben os recibos da auga (27%), lixo (22%), luz e da rede de saneamento, así como o IBI e os impostos de construción e circulación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios