Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Elisa de Soto impartirá un coloquio-café sobre a lei da liberdade sexual en Buño

charla sexual Malpica
Elisa de Soto impartirá un coloquio-café sobre a lei da liberdade sexual en Buño
A Asociación Visibles, en colaboración co Concello de Malpica, e o Ministerio de Igualdade e da Secretaría Xeral de Igualdade, organiza este sábado ás 11:30h un coloquio-café para explicarlle á cidadanía os cambios e melloras que se introduciron na Lei Orgánica 10/2022 de Garantía da Liberdade Sexual. Elisa de Soto, avogada e coach persoal e laboral será a encargada de dirixir este coloquio no salón de actos do Antigo Centro Comarcal de Buño.

O obxectivo principal da xuntanza é involucrar máis aos veciños e veciñas no mundo das leis e xerar conciencia a través dunha linguaxe comprensible para que todo o mundo saiba que as leis non só son fontes de obrigación senón tamén de dereitos e de protección.

Comentarios