Evacúan en helicóptero a un mariñeiro cunha indisposición preto das illas Sisargas
22:45 22/04/21
Esta mañá, o helicóptero de Salvamento Marítimo acodía ao rescate dun mariñeiro que se sufría unha indisposición a bordo do pesqueiro Airoa, cando se atopaba faenando a 15 millas ao norte de Malpica, preto das Illas Sisargas, nunha operación coordinada polo Centro de Finisterre.
O tripulante, de 44 anos, foi trasladado ata o Aeroporto da Coruña e dende alí, ao necesitar atención sanitaria urxente, foi trasladado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.
Imágenes de la evacuación médica de un tripulante del pesquero Airoa, realizada esta mañana por el Helimer 401 y coordinada desde el CCS #Finisterre. El afectado fue trasladado al aeropuerto de Alvedro #ACoruña. pic.twitter.com/a3BnbnHxvB
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) April 22, 2021