Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fátima Bermúdez, a artesá que marida nas súas bonecas tradición rural e herencia xeracional

Fatima Bermudez en Malpica cunha das suas bonecas
Fatima Bermudez en Malpica cunha das suas bonecas
Fátima Bermúdez, a artesá que marida nas súas bonecas tradición rural e herencia xeracional

Criada en Seaia pola súa avoa Ernestina mentres os seus pais emigraban a Xenebra a traballar na construción e a limpeza, Fátima Bermúdez Botana lembra a que foi a súa segunda nai e referencia absoluta.

Cando regresaron de Suiza mudáronse a Xoanes (Carballo), pero en apenas 4-5 marcharon de novo a Fuerteventura. Aí si que se mudou a familia completa, pero Fátima preferiu voltar para disfrutar os anos de Ernestina antes do seu pasamento aos 74 anos. “A miña avóa levou unha vida moi difícil. Quedouse viuda moi novo e criou a catro fillos e tres netos soa. Morreu con 74 anos por unha parada cardiorrespiratoria. É a persoa á que quero parecerme en todos os sentidos, aínda que físicamente si me parezo”, explica.

Foi precisamente Ernestina a que a introduciu no mundo do ganchillo á temprana idade de 6 ou 7 anos, comezando a crear os seus primeiros gorros, bufandas, bonecas… O que comezou como un pasatempo, como unha herdanza xeracional e cultural de nais a fillas ou de avóas a netas estase convertendo en toda unha profesión con selo propio e deseños exclusivos, “Bonecas entre novelos”.

Fátima comezou a facer bonecos para o seu fillo e sobriña. Ao comezo eran copias de personaxes de ficción, pero un divorcio e, principalmente un cancro de útero do que aínda non está totalmente recuperada pero si se sente ben e con forza, foi o detonante na vida desta muller emprendedora e loitadora para cambiar.

Bonecas entre novelos

”Cambioume o concepto de vida que tiña. Tomei a decisión de vivir a vida como a quería vivir e loitar para que así fose”. Deixou o seu papel de ama de casa e se volvou na artesanía e no emprendemento. “Fai dous anos, durante a tempada de inverno, o concello de Malpica organizou unha feira para fomentar o mercado municipal e invitoume a participar. Vendín moito, encantou o meu traballo e chegaron as invitacións para diferentes feiras e exposicións da contorna. Creo que aquí se xestou ”Bonecas entre novelos” e o pasado verán, durante a participación no paseo marítimo de Malpica xunto a outros artesanos cun posto de artesanía confirmouse o nacemento”, explicou.

“Bonecas entre novelos” conta un ano de vida combinando á perfección herdanza xeracional, tradición popular e raíces culturais. Deseños propios e auténticos en base a ganchillo, xa ten creado unha imaxe propia, singular, que nos achega ao litoral e ao rural galego, aos seus costumes, aos seus oficios e tradicións.

“Comecei vendendo os meus traballos a coñecidos que me facían encargos. Tamén teño a fortuna de estar arroupada por un grupo de amigos e amigas artesanos que me asesoran e aconsellan tanto anímicamente como profesionalmente para mellorar no sector, principalmente na difusión e publicidade das miñas creacións”. “A verdade é que recibo todo tipo de comentarios moi positivos e motivadores. Un dos que máis me gustou é, ti es maxia e as túas creacións tamén”.

A Lonxeira un dos seus traballso máis preciados. É unha boneca de temática marinera feita para “a artesana das artesanas” como ela di, a zoqueira Elena Ferro. “Esta encarga encheume de orgullo e satisfacción. Para min Elena Ferro é unha deusa, un referente para persoas como eu. Tiven carta branca para o deseño. A única condición foi que tiña que levar nécoras”, engadiu.

Elena Ferro coa Lonxeira de Fatima Bermudez copia
Elena Ferro coa Lonxeira de Fátima Bermúdez

Tras quince anos a día de hoxe en Galicia e tantas pedras no camiño, Fátima séntese realizada e moi satisfeita coa vida que leva nunha casa en Xornes, cunha gran leira que traballa e da que espera poder vivir tamén e un taller máis profesional onde deixa voar a imaxinación. Non fai plans de futuro pois aprendeu en primeira persoa que na vida non se poden asegurar as cousas a longo prazo. Gustaríalle vender o suficiente para pagar as facturas e levar unha vida tranquila no rural galego. A súa meta é poder vivir de si mesma e achegar o seu traballo ao mundo a través de feiras e exposicións e non ao revés.

Comentarios