Un ferido tivo que ser excarcerado tras un accidente en Malpica

23:31 25/09/21
Acontecía a pasada noite do venres ao sábado, pasadas as 23:00h, cando un vehículo sufría unha saída de vía na AC-418 xa no Concello de Malpica, sufrindo un envorco.
Os Bombeiros de Carballo, o GES Ponteceso, sanitarios PAC, Sanitarios ambulancia 061 de Vimianzo, Garda Civil de Tráfico e Atestados acodían á chamada do 112 que indicaba que había unha persoa excarcerada.
Bombeiros e membros do GES tiveron que cortar parte do vehíuclo para evacuar pola porta traseira á vítiima, que unha vez fóra do vehículo foi atendida polos sanitarios da ambulancia do 061. As outras dúas persoas que viaxaban no vehículo saíron polo seu pé.