Venres. 11.10.2024
El tiempo

Malpica estrea o verán coa Romaría do Santo Hadrián e moito deporte

Malpica estrea o verán coa Romaría do Santo Hadrián e moito deporte

Arrinca oficialmente o verán en Malpica, e faino cunha fin de semana completa, que ademais vén marcada por un tempo sensacional. A Romaría de Santo Hadrián (unha das Festas de Interese Turístico Galego da comarca), Regata Illas Sisargas e un campionato de patinaxe convirten a vila bergantiñá nun perfecto lugar para pasar a fin de semana.
Ademais, como é habitual, a praia de Area Maior estrea hoxe o servizo de salvamento e socorrismo, que contará con 6 profesionais, ata o final de verán.

Festa rachada

Cartel-Romaria-Santo-Hadrian-Malpica-2017

As Festas do Santo Hadrián comezarán o sábado 17 con pasarrúas a cargo da Banda de Música Eduardo Pondal, misa solemne ás 13 horas cantada pola Coral de Malpica, procesión coa banda, sesión vermú co Dúo Libertad e verbena cos dúos D’Festa e Libertad. O domingo ás 8 horas sairá a procesión coa imaxe do santo dende a igrexa parroquial de San Xulián ata a capela, onde haberá misas durante boa parte da xornada ata o regreso á vila a partir das 17.30 horas. A partir das 21 horas será a verbena con O Tren da Unha.

Deporte

A saída da Regata Illas Sisargas realizarase mañá sábado, ás 14 horas, dende A Coruña, e a chegada a Malpica está prevista para as 19 horas. Ás 21 terá lugar a entrega de trofeos. E o domingo ás 12 os veleiros partirán do porto de Malpica de regreso á Coruña.

O deporte estará moi presente tamén no pavillón municipal a II Fase de Niveis Coruña Norte para patinadores e patinadoras de varios clubs da provincia.

Máis información

 

Comentarios