II Xornadas Gastronómicas do Bacalao en Buño
Como nos prestan as propostas gastronómicas, e se por Muxía toca congro, do 2 ao 8 de abril o bacalau toma Buño. Esta Semana Santa terá lugar nos restaurantes de Buño a II Xornadas Gastronómicas do Bacalao.
Os restaurantes participantes son A Cunca, Casa Elías e Canta La Rana que ofrecerán un menú composto de bacallau, pan, postre, café e chupito por 15€.
Tamén haberá unha Ruta de Tapeo polos bares de Buño e entre todos os que completen a ruta sortearase un lote de pezas de barro de Buño.
Descontos
Ademais entregarase un vale desconto do 10% para canxear nas compras realizadas esta SEMANA SANTA nas tendas de olería: O Rulo, Mindiringuín, O Falsete, Feituras, Casa Amalia, Alfarería Naya, Olería Aparicio e Alfarería Lista.
Así mesmo, coas compras realizadas nas tendas participantes obterase un vale desconto do 10% para canxear durante esta Semana Santa nos Menús á carta dos restaurantes de Buño.
Mercado de Olería
Do 5 ó 8 de abril, a Asociación Oleira de Buño organizará un Mercado de Olería no Ecomuseo do Forno do Forte no que participarán todas as tendas de olería de Buño. O horario do Mercado de Olería será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 16.30 h. a 20.00 h.
Exposicións
Martes 4 de abril, ás 12.00 h., no espazo expositivo do Centro Cívico, presentarase a exposición “Comarca Natural de Bergantiños”, que permanecerá nestas instalacións ata o 30 de abril.
Fonte e máis información
- Concello de Malpica: II Xornadas Gastronómicas do Bacalau de Buño [pdf].
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).