Venres. 03.05.2024
El tiempo

Incautadas 25 kg de centola ovada e bogavante no porto de Malpica

marisco incautado Malpica
Incautadas 25 kg de centola ovada e bogavante no porto de Malpica

22,7 quilos de centola ovada e 3,5 de bogavante foron incautados e devoltos ao mar no porto de Malpica. A Garda Civil, nun dispositivo de control de especies, observou como como un home chegaba nun vehículo, tras estacionalo na explanada onde están depositadas as redes de pesca, saíu e colleu dúas cestas negras que estaban ocultas por unha rede e meteunas no maleteiro do vehículo.

Unha vez que o vehículo reiniciou a súa marcha, os efectivos actuantes procederon á identificación e inspección do vehículo. Os gardas civís solicitaron a documentación que cubrise a descarga e transporte da devandita mercadoría, carecendo esta persoa dos ditos documentos.

Comentarios