Íntegro arrincou dous cursos de artesanía en coiro en Malpica
Xa están en marcha dous cursos de artesanía en coiro para varios dos usuarios de Íntegro en Malpica. A capital e a vila de Buño acollen estes días sendos cursos para estas persoas con diversidade funcional. Curso que se desenvolverán durante un mes, no que os participantes aprenderán distintas técnicas para traballar o coiro, o que lles permitirá desenvolver a súa creatividade a habilidades manuais e psicomotoras.
Onte celebrouse o acto inaugural dos dous talleres coa presenza do alcalde en funcións, Miguel Fernández, e da concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, quen destacou a importancia deste tipo de actividades para a integración das persoas con diversidade funcional. Ao curso que se celebra no Centro Cívico de Malpica asisten 12 persoas, en tanto que o que se leva a cabo na Casa do Oleiro de Buño ten 8 alumnos.
Os cursos son impartidos pola asociación Íntegro e están subvencionados pola Deputación Provincial da Coruña.
Novas relacionadas
- Íntegro focaliza a súa acción na Igualdade de Xénero.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
Fonte
- Concello de Malpica.
- Concello de Malpica.