Malpica acolle a derradeira cita do Entroido (Tardío)
13:43 12/03/24
Este sábado 16 de marzo aínda se celebra o Entroido por Malpica. A A.C. Mallas de Area, e coa colaboración municipal, despois de ter que adiar o evento varias fins de semana, convoca a toda a veciñanza a pasar un sábado familiar e festivo na Praza Villar Amigo.
Haberá sesión vermú, cocido, concursos, música e batucada.
Cómpre anotarse para o Cocido antes deste xoves 14 de marzo no Jofra, no Elemoba ou en Doces&Mecos.