Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica adxudica o equipamento do Centro de Día de Buño

Imaxe Centro de Día de buno
Malpica adxudica o equipamento do Centro de Día de Buño

Novo paso adiante para que o Centro de Día de Buño sexa unha realidade. Faino con retraso pois as últimas previsións sinalaban finais de 2020 para ter en marcha esta infraestrutura sanitaria, despois da adxudicación en marzo dese mesmo ano das obras de reforma do Centro Comarcal.

Un Centro que será de xestión municipal (non será dependente da Xunta, que só investiu 220.000 na reforma), así que é o propio Concello o que ten que contratar o equipamento.

Será a empresa Suministros Técnicos de Galicia, S.L. (SUTEGA S.L.) a que realice o subministro e instalación de mobiliario e o equipament por un total de 21.249,75€.

Melloras nos camiños

Caminos rurais de Malpica

Paralelamente, o Concello de Malpica licita a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2028. Unha parte das obras faranse desde o Camiño de Pontella ata o Oratorio de Mens e, a outra parte, desde o camiño do Oratorio ata o río de Vaa.
A empresa encargada de realizar as melloras será Mantemento Forestal MG, S.L. e o prezo da licitación da obra ascende a un total de 64.358,69€.

Novas relacionadas

Comentarios