Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Malpica aprobou uns orzamentos de case 5 millóns de euros

Malpica aprobou uns orzamentos de case 5 millóns de euros

”Infraestruturas de calidade, cultura e servizos” son as prioridades dos orzamentos que o Concello de Malpica aprobaba onte nun Pleno celebrado esta tarde no salón de actos do Centro Cívico, debido á normativa da COVID-19. Unha cita que ademais tiña como outro punto destacado a toma de posesión o concelleiro Sergio Manuel García, que substitúe a Tamara Torrado no equipo de goberno.

O orzamento para 2020 é de 4,8 millóns de euros. Así, no capítulo de gastos, estarán adicados 1.694.842 euros aos gastos de persoal; 2.384.499,89 euros para gastos correntes en bens e servizos; 10.000 euros para gastos financeiros; 216.390,5 euros para gastos correntes; 514.833,32 euros para inversións reais e 20.000 euros para operacións financieiras.
No capítulo de ingresos, destácanse os 1.407.734,28 euros para impostos directos; 16.653,02 euros para impostos indirectos; 933.972,00 euros para taxas, prezos públicos e outros ingresos; 2.186.273,82 euros para transferencias correntes; 275.883,32 euros para transferencias de capital e 20.000 euros para activos financeiros.

comentarios