Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Malpica arma un Entroido campal da man das Asociacións

Cartel Entroido Malpica 2024
Malpica arma un Entroido campal da man das Asociacións

Gran proposta entroideira do Concello de Malpica, que sabe contar coas asociacións para armar un programde Entroido absolutamente campal. Dende o 9  ata o 25 de febreiro haberá desfiles, festas infantís, e varios enterros, como explicaba onte a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro. Freijeiro aproveitou para agradecer a todas as asociacións da vila  a organización das diferentes propostas de entroido en colaboración co Concello. 

A programación será a seguinte: 

Venres día 9  de febreiro (Venres de Entroido)
En Malpica
Pasarrúas de Entroido do CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.45. Percorrido: saída do CEIP Milladoiro, rúa Canido, paseo da Praia, queima fronte ao JB. Paseo Marítimo, rúa Eduardo Pondal, rúa Ramona Criado, praza do Cruceiro, rúa Eduardo Vila Fano e Praza Anselmo Villar Amigo. Organiza CEIP Milladoiro.

Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00, saída do CEIP J.R.O., rúa Xaviña, rúa Santa Filomena, rúa Santa Catalina ata a igrexa e regreso polo mesmo percorrido. Organiza CEIP Joaquín Rodríguez Otero.


Sábado día 10 de febreiro (sábado de Entroido)
En Cerqueda
Festa Infantil, das 11.00 ás 13.00, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas.

En Malpica
A partir das 13.00, sesión vermú cun Dúo musical, cocido de entroido e percorrido musical con DJs. Información e reservas en ELEMOBA. Organiza: A. C. D. Mallas de Area. 

Domingo día 11 de febreiro (Domingo de Entroido)
En Malpica
Actuación da Charanga ACDC polas rúas da vila, a partir das 17.00.
Desfile de disfraces infantil, percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo Municipal). Organiza: AC Malante.

Encontro de comparsas e disfraces de Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30. Premios para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.00 na rúa Eduardo Vila Fano (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo Municipal).


Luns 12 de febreiro (Luns de Entroido)
En Malpica
Ludoteca Infantil de Entroido (rapazada de 3 a 9 anos), no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de 10.30 a 13.30. Inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Malpica, ata o xoves 8 de febreiro. Máximo 20 prazas. Información: Departamento de Educación e Cultura, Centro Cívico de Malpica, T.: 981 707 104 de 10.30 a 17.00.
Entroido Deportivo (rapazada de 10 a 15 anos) no Pavillón Polideportivo de Malpica de 10.30 a 13.30. Inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Malpica, ata o xoves 8 de febreiro. Información no 690 047 448, de 9.00 a 14.00.
Premio ao mellor disfrace: 25,00 € en vales para consumir no comercio e na hostalería do Concello de Malpica.

En Buño
Festa de disfraces infantil con inchables e merenda das 17.00 ás 20.00 no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.


Martes 13 de febreiro (Martes de Entroido)
En Malpica
Festa de disfraces infantil con inchables (rapazas/ces ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00. Colabora: ANPA Ventorrillo.


Mércores 14 de febreiro (Mércores de Cinza)
En Malpica
Cine de Entroido (rapazada a partir de 6 anos). Proxección do filme de animación: Os Demos de Barro, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica ás 11.00.

Sábado 17 de febreiro (Sábado de Piñata)
En Buño 
Sesión vermú da Mikaela no campo da Festa a partir das 13.00.
Ás 16.00 saída da Mikaela de Canta La Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño.
A partir das 18.00, Misa Cantada por Lito da Panorama, na igrexa de Buño. Paradas no cruce de Xornes, na Praza de Santa Xusta e no Parque Luciano García Alén e remate no Campo da Festa, coa queima da Mikaela e verbena coa discoteca móbil EUFORIA cos mellores DJs de Galicia.

Domingo 18 de febreiro (Domingo de Piñata)
En Malpica 
Actuación da Charanga DGT polas rúas de Malpica, a partir das 17.30.
Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 para percorrer, as rúas da vila ata o porto Organiza: Redeiras Mar da Illa.

Sábado 24 de febreiro 
En Buño
II Cocido Campal, no restaurante Canta La Rana, en Buño coa actuación do DJ Txiño Rock, a partir das 14.00. Prezo: Adultos 35,00 €, infantil 18,00 €, Bus, 5,00 €. Información e reservas: 658 118 871 e 679 290 135 Organiza: A. C. Campal.
Domingo 25 de febreiro 
En Cerqueda
Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda, a partir das 15.30. Organiza: A. C. Raigañas.
 

Comentarios