Martes. 23.04.2024
El tiempo

Malpica axuda ás persoas en risco de vulnerabilidade

Servizo MALPICA
Malpica axuda ás persoas en risco de vulnerabilidade

O Concello de Malpica de Bergantiños está a desenvolver a través dos Servizos Sociais municipais un servizo de colaboración coas persoas en situación de vulnerabilidade, para tratar de frear a crise de expansión do COVID-19.

Este servizo está destinado exclusivamente a persoas con problemas de saúde, mobilidade ou idade avanzada que estean sós e non dispoñan de apoio familiar. O catálogo de servizos está aberto tanto á provisión de alimentos como de medicamentos.
Para contactar poden chamar ao número de teléfono 981 720 280 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Comentarios