Malpica e Caldeirón presentan as bases da XXI edición do Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”
Presentada a XXI edición do Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”, unha convocatoria xa consolidada como unha das citas de referencia da creación poética en lingua galega. Organizado pola Asociación Cultural Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños, o certame mantén o seu obxectivo de promover a literatura en galego a través dunha proposta singular, que ao
longo de máis de dúas décadas reuniu a numerosos autores e autoras e contribuíu á difusión da poesía erótica no noso idioma.
Poderán participar todas as persoas autoras de calquera nacionalidade que presenten un libro inédito de temática erótica, escrito en lingua galega e non premiado con anterioridade. O premio está dotado con 1.500 euros, ademais da publicación da primeira edición da obra gañadora na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón. Bases Illas Sisargas 26.pdf
As obras deberán remitirse en formato PDF ao enderezo electrónico premio@caldeiron.org, seguindo o sistema de plica establecido nas bases. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2026.