mércores. 30.04.2025
El tiempo

Malpica presenta a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

presentacion Certame Poesia Erotica Illas Sisargas 2024
Emma Abella, Eduardo Parga, Noelia Freijeiro, e Paco de Tano na presentación
Malpica presenta a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Botou a andar na xornada de onte a XIX edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Un concurso, artellado pola Asociación Caldeirón en colaboración do Concello de Malpica, que continúa consolidándose como unha tradición no panorama literario galego, e que é un dos poucos certames de poesía erótica de todo o estado.

O premio para esta XIX edición será de 1.500 euros e a publicación da obra gañadora na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón, que contará cunha primeira edición de 400 exemplares. O autor ou autora premiada recibirá, ademais, 15 exemplares da súa obra.

bases premio ICertame Poesia Erotica Illas Sisargas 2024

Os interesados en participar deberán enviar os seus textos en formato PDF ao correo electrónico premio@caldeiron.org antes do 15 de setembro de 2024. O xurado, composto por tres persoas propostas polo Concello de Malpica, a A.C. Caldeirón e o gañador da edición anterior, dará a coñecer a súa decisión en novembro de 2024 durante a Cea das Letras.

Máis novas

Comentarios