Sábado. 20.04.2024
El tiempo

En marcha unha nova edición do Certame de Poesía Erótica de Malpica, único en España

Premio de Poesia Erotica illas sisargas Malpica 2019
En marcha unha nova edición do Certame de Poesía Erótica de Malpica, único en España

En marcha unha nova edición do Certame de Poesía Erótica de Malpica, único en España

Deixou claro Paco de Tano, é un certame único en España. O membro da Asociación Caldeirón, organizador xunto co Concello de Malpica do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas asegurou durante a presentación da 14ª edición, que a entidade agradece o apoio do alcalde, Eduardo Parga, dende a primeira edición, para fixalo como unha tradición na convocatoria poética en lingua galega.

O certame volve contar con 1000€ nun único premio, que ademais inclúe a publicación da primeira edición da obra na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón, de 400 exemplares. O prazo está aberto ata o 30 de setembro, e o xurado estará composto por tres persoas: unha a proposta do Alcalde­Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, outra a proposta da A.C.Caldeirón e o gañador ou gañadora da edición inme­ diatamente anterior do certame ou, de non ser posible, outra persoa de relevancia no sistema literario.

En anos anteriores gañaron Mario Regueira, María Rosendo ou Xavier Queipo, recibindo o premio na sempre emotiva Cea das Letras.

Novas relacionadas

Máis novas de poesía

Comentarios