Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica convertiuse na capital ornitolóxica nacional homenaxeando a Francisco Bernís

Malpica convertiuse na capital ornitolóxica nacional homenaxeando a Francisco Bernís

Sesion ornitolóxica na Casa do Pescador de Malpica Sesion ornitolóxica na Casa do Pescador de Malpica A homenaxe deste domingo a Francisco Bernis convertíu Malpica na capital da ornitoloxía española. Unha cita a que acollía a Casa do Pescador, que servía para conmemorar os 70 anos da presenza do ornitólogo Fransico Bernis Madrazo nas illas Sisargas para realizar un estudo do estado das súas aves. Un Francisco Bernis que foi un dos fundadores de SEO/BirdLife,e foi o primeiro autor que publicou artigos en extensión sobre as aves nas Sisargas, textos que a posteriori foron e son citados aínda polas novas fornadas de ornitólogos. Durante a mañá dominical fixeron unha visita guiada por tres enclaves turísticos básicos do concello de Malpica: Buño, Nariga e cabo Santo Hadrián, ademais de disfrutar dos Muíños da Ribeira. Xa pola tarde, a mesa, moderada polo divulgador cultural Xosé Manuel Varela e coa presencia do alcalde Eduardo Parga, contou coa presenza de dúas fillas deste doutor en Zooloxía, Cristina e Carmen Bernis, con Carlota Viada Sauleda, secretaria xeral da Sociedade Española de Ornitología SEO/BirdLife; Álvaro Barros López, biólogo e vocal da Sociedade Galega de Ornitoloxía; Antonio Sandoval Rey, escritor e divulgador ambiental. A cita servía para presentar o libro «Francisco Bernis, Las islas Sisargas en 1948. Dos visitas ornitológicas» publicado na colección Costa da Morte de Edicións Embora. A edición corre a cargo de Antonio Sandoval e Xosé Manuel Varela. Nel recuperan os dous artigos que Francisco Bernis publicou no Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural xunto cun manuscrito coas notas de campo nas Sisargas do propio Francisco Bernis.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-potencia-o-turismo-ornitoloxico/

Comentarios