Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica e Laxe promocionan os seus comercios

Malpica e Laxe promocionan os seus comercios
Baixo o lema "Quere o teu mercado" o mercado de Malpica participa nesta campaña internacional coa que se pretende apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, fomentando así a compra do produto local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras. Entre eles están os mercados de Malpica En Galicia a campaña está promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta, e desenvólvese arredor do 27 de maio, día do Mercado. O concello de Malpica e as praceiras e praceiros súmanse á iniciativa cunha campaña que se levará a cabo dende ata o 26 de maio, e que rematará co sorteo de cinco pezas tradicionais da Olería de Buño. Con cada compra, os clientes dos postos do mercado recibirán un boleto, que deberán cubrir cos seus datos persoais e depositar nunha urna situada na entrada do edificio. O sorteo celebrarase o día 26, ás 12 horas, no propio mercado. Laxe Tamén en Laxe conmemoran estes días o día do Comercio nunha campaña organizada pola concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe en colaboración coa dirección xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia e o empresariado local. Con motivo desta celebración, dende o sábado 19 de maio ata o sábado 26 de maio, os consumidores destes establecementos recibirán tickets, cos que entrar nos sorteos de premios consistentes en 6 vales de compra por valor de 50 € cada un e unha cea para dúas persoas en Áncora Taberna. O sorteo terá lugar o próximo marte, 29 de maio, ás 11:00 horas nas oficinas xerais da Casa do Concello. Os números premiados quedarán expostos no taboleiro de anuncios da casa do Concello e publicaranse tanto na páxina web do Concello e nas súas redes sociais. Para completar a celebración do Día do Mercado, o sábado 26, durante todo o día, estará o Mago Deimi realizando un espectáculo de maxia de preto polo locais colaboradores. Os comercios que participan na campaña son: Floristaría Rebeca, libraría Torre Penedo, Perruquería Azabache, A Tenda de Inma, Calzados Martínez, Ortopedia Alquimia, Chuchelandia, Farmacia Mª C. Gómez, Bazar Laxe Hong Fa, Estación de Servicio Santa Rosa, Ferretería Sergio, Parafarmacia Alquimia, A Tenda do Centro, Estanco Casa López, e Perruquería A de Lore. Fonte

Comentarios