Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica loitará contra a basuraleza

Buceo Malpica contra a basuraleza
Buceo Malpica contra a basuraleza
Malpica loitará contra a basuraleza

m2 pola natureza, a gran recollida cidadá que promove Libera a nivel nacional, volve a Malpica para concienciar á poboación sobre o problema da basuraleza nos espazos naturais do noso país. A terceira edición da iniciativa chegará ao noso concello o sábado 22 de xuño.

A basuraleza converteuse nun grave problema que afecta a toda a sociedade. Frear o seu impacto é o labor que LIBERA, o proxecto de SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes, realiza con ‘1 m2 pola natureza’, a gran cita anual de recollida colaborativa de residuos abandonados na natureza a nivel nacional. E este ano, Galicia súmase á iniciativa para liberar de residuos as súas contornas naturais.

Conscientes deste grave problema, o Concello de Malpica quixo sumar esforzos para acabar coa basuraleza e convidar a toda a cidadanía a sumarse á iniciativa de Buceo Malpica para realizar unha limpeza no porto. A cita, o sábado 22 ás 09.00 horas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no teléfono 630677910 ou no e-mail [email protected].

Comentarios