Malpica mellora a eficiencia enerxética de 140 luminarias
Moi positivas nos parecen estas apostas pola eficiencia enerxética. Xa comprobamos o aforro doutros concellos como o de Carballo, e hoxe toca falarmos do Concello de Malpica de Bergantiños, que despois das melloras do ano pasado, segue a dar pasos para mellorar a eficiencia enerxética. Dentro do PAI 2015 acometeu o proxecto de renovación das instalacións de iluminación pública nos lugares de Mens, Asalo e O Miñón. En total foron substituídas 140 luminarias de vapor de sodio por un modelo de haloxenuros metálicos de 50 W e ademais reducíronse os cadros de mando de cinco a dous. Cada unha das novas luminarias incorpora unha resistencia electrónica que permite reducir o fluxo á metade a partir dunha hora determinada, neste caso as 02.00 horas, contribuíndo así ao aforro enerxético. O proxecto foi executado pola empresa Insmontel Cutrin SL cun orzamento de 54.309,40 euros (ive incluído).
O mesmo sistema de haloxenuros metálicos foi utilizado na renovación das luminarias do paseo marítimo de Malpica, dentro dunha actuación financiada con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental con 62.600 euros. A vantaxe dos haloxenuros metálicos é que ofrecen unha co mo próxima ao branco, teñen unha eficiencia luminosa moi elevada, un rendemento cromático óptico e unha duración meda moi elevada.
Fonte
- Concello de Malpica.