xoves. 07.05.2026
El tiempo

Malpica mergúllase Nun Mar de Letras Galegas

Eduard Parga e Noellia Freijeiro presentando o programa das Letras Galegas 26 de Malpica
Eduard Parga e Noellia Freijeiro presentando o programa das Letras Galegas 26 de Malpica
Malpica mergúllase Nun Mar de Letras Galegas

O Concello de Malpica de Bergantiños presenta unha nova edición do programa cultural “Malpica nun mar de letras”, unha iniciativa que se desenvolve ao abeiro da celebración das Letras Galegas e que reúne durante os meses de abril, maio e xuño unha ampla oferta de actividades arredor da lingua e a cultura galegas.

A programación inclúe propostas para todos os públicos, con especial atención ao público infantil e familiar, combinando presentacións literarias, contacontos, espectáculos de animación, teatro, música e actos institucionais.

Entre as citas máis destacadas atópanse o Festival das Letras Galegas, que terá lugar o 14 de maio no Auditorio do Centro Cívico; a tradicional ofrenda floral ás Pandeireteiras de Mens, o 17 de maio; así como diversas presentacións literarias centradas na identidade e no patrimonio da Costa da Morte.

O programa tamén recolle a participación activa do tecido asociativo local, con galas e actividades organizadas por distintas entidades culturais do municipio, así como iniciativas dirixidas aos centros educativos, reforzando o vínculo entre a mocidade e a cultura galega.

As actividades desenvolveranse en diferentes espazos do concello, como o Centro Cívico de Malpica, a Biblioteca Pública Municipal Eduardo Blanco Amor e o Fogar do Pensionista, consolidando estes lugares como puntos de encontro cultural.

Cartel programa nun mar de letras 2026

Comentarios