Martes. 16.04.2024
El tiempo

Malpica organiza un obradoiro de autodefensa para mulleres maiores de 16 anos

Malpica organiza un obradoiro de autodefensa para mulleres maiores de 16 anos
  O concello de Malpica vén de abrir o prazo de inscrición para o obradoiro de autodefensa que terá lugar o 19 de setembro, de 17:00 a 19:30 horas, no salón de actos do Centro Cívico e que está dirixido a mulleres maiores de 16 anos. Esta iniciativa da concellería de Servizos Sociais forma parte da campaña da Deputación Provincial Quen dixo medo?, que ten como finalidade xerar un espazo que permita ás mulleres identificar as agresións e proporcionarlles habilidades e  coñecementos dos mecanismos de defensa, tanto físicos coma psíquicos, fronte a un posible agresor, para poder saír airosas dunha situación de violencia cunha resposta contundente e decidida. O obradoiro empregará unha dinámica participativa e constará dun bloque teórico e outro práctico. O obxectivo é que as mulleres tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico. O prazo de inscrición xa está aberto. As interesadas poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais (981 720 280), enviar un e-mail a [email protected] ou chamar ao 981 756 469. As prazas son limitadas. Fonte

Comentarios