Malpica posiciónase como destino astronómico
O Concello de Malpica recupera un proxecto realizado por Jorge Mira en 2014 para situarse como destino xeoturístico astronómico, e que ademais foi unha promesa electoral do Concelleiro de Turismo. Un proxecto que xa tiña formulado o concello poñer en marcha antes da pandemia, pero que se ivo que ir retrasando e que agora coincide coa onda lanzada por Suso Lista arredor do fenómenos que acontece en Nariga cada solsticio (o sol sae e se pon sobre o leito mariño).
Onte presentábase no Salón de Plenos do Concello este informe polo que Punta Nariga e Santo Hadrián, polas súas características xeográficas, converten a ambos puntos nun enclave privilexiado para a observación de fenómenos astronómicos. A súa singularidade reside, entre outros factores, no feito ser un dos escasos lugares en Galicia dende os que se pode ver saír e poñerse o Sol sobre o mar en certas épocas do ano. A lúa tamén é protagonista dende estes puntos.
A baixa contaminación lumñinica da zona é fundamental, e sitúa a comarca como potencia en materia de astrofotografía.
De aí que o Concello estudará a posible certificación de Malpica como ‘Destino turístico Starlight’.
Novas relacionadas
- Xuño 2020: “O Promontorio Nerium é Nariga”
- Novembro 2018: O ceo da Costa da Morte, protagonista do novo libro de fotos nocturnas de Lois e Llamas.
- Febreiro 2018: A Costa da Morte, o ceo no que sobreviven as estrelas.
- Novembro 17: As noites de Daniel Llamas en Nariga, Louro e Vilán, premiadas de novo.
- Xuño 17: Rubén Santa María caza unha espectacular Vía Láctea sobre O Pindo.
- Abril 17: A Torreira do Cabo Vilán volve recorrer o mundo protagonizando unha foto premiada de Daniel Lois.
- Outubro 16: A Punta Nariga nocturna de Daniel Llamas segue colleitando recoñecementos.
- Outubro 16: Daniel Llamas recibe unha nova mención internacional coa Vía Láctea de Punta Nariga.
- Setembro 16: O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía.
- Xuño 16:Unha foto de Fisterra, premio no World at Night.