Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Malpica prepárase para vivir quince días de entroido

Malpica prepárase para vivir quince días de entroido
CARTEL ENTROIDO Malpica 2017 A unión de asociaciós, hostelería e concello dou como resultado un entroido de primeira división en Malpica. A programación arranca mañá cun cocido de entroido en Cerqueda que se celebrará no restaurante O Esqueiro a partir das 22 horas. A programación continúa o luns e o martes cun obradoiro de piñatas que terá lugar a partir das 17 horas na aula da arte do centro cívico de Malpica. Xa o venres de entroido, o día 24, haberá dúas citas. A primeira será a partir das 10:30 horas cun pasarrúas do CEIP Milladoiro. Pola noite, os pubs da vila organizan un concurso de disfraces no que os premios serán cestas de lacóns e chourizos. O concurso de disfraces polos pubs volve a repetirse o sábado, día 25, no que xa se repartirán 500€ en premios. Nas parroquias de Seaia e de Leiloio haberá sendas festas de disfraces na que haberá merenda e inchables. O domingo de entroido a festa comezará a primeira hora da tarde cun desfile de disfraces infantil pola vila a partir das 17:30 horas que irá acompañado da charanga Mekanika. Nos pubs repartiranse, a partir das 17 horas, doces de entroido. As mellores comparsas levarán premio que entregarán a partir das 19:30 hotas na praza Villar Amigo. Un pouco, ás 18:30 hora, antes haberá un concurso de piñatas do entroido. E xa a partir das 20 horas, a festa trasládase ao centro Cívico de Malpica co baile de maiores e o un concurso de disraces. O dúo Élite amenizará a velada. Os máis pequenos serán os protagonistas da festa e do concurso de disfraces que terá lugar no pavillón do CEIP Joaquín Rodríguez Otero a partir das 16:30 horas. O martes de entroido o pavillón de Maplica acolle unha festa de disfraces infantil e un concurso gastronómico de doces de entroido. A Mikaela Un dos días grandes da programación de entroido de Malpica é o sábado 4 de marzo. Ese día Buño será o referente do entroido na Costa da Morte. A festa comeza ás 13 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo aramio. os restaurantes de Buño comezarán a servir o cocido a partir das 14 horas que dará paso á saída da Mikaela a partir das 16:30 horas dende o restaurante Canta la Rana. Ás 22:30 horas será a queima da Mikaela e a continuación a festa continuará no aparcamento do restuarante Casa Elías coa actuación do grupo Aramio e cunha disco móbil. As 17 horas celebrarase a Mikaeliña infantil con inchables e chocolatada para os máis novos. E o fin das actividades de entroido será o domingo día 5 de marzo con varias citas de primeiro nivel. Os Madamitos e Ghuardineros percorrerán as rúas de Cerqueda a partir das 15 horas. En Vilanova, haberá unha festa de disfraces infantil e degustación de doces típicos da época a partir das 16 horas. O restaurante o Esqueiro de Seaia fará un cocido para todos os partipantes no enterro do Farruco e o Faustino e para o que é preciso anotarse previamente. O custe é de 15€ para adultos e 10€ para nenos. A continuación daráselle a despedida ao entroido co enterro do Farruco e do Faustino que terá lugar no porto de Malpica despois de percorreren as súas da vila e de Seaia.   Axenda de Entroido Fonte

Comentarios