mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Concello e as Asociacións de Malpica presentan unha ampla programación para a Semana Santa

cartel semana santa 25 Malpica
O Concello e as Asociacións de Malpica presentan unha ampla programación para a Semana Santa

O Concello de Malpica de Bergantiños xunto coas asociacións locais ACD Carcaxía, AVSC O Quinteiro, ACD Mallas de Area, presentan a programación da Semana Santa 2025. O calendario inclúe campamentos infantís, obradoiros, torneos deportivos, espectáculos, música en directo e actos litúrxicos, coa intención de ofrecer alternativas de ocio saudable, cultura e participación comunitaria durante as vacacións.

As actividades arrancarán o luns 14 de abril e prolongaranse ata o domingo 20, cunha variedade de propostas repartidas por distintos espazos do concello, como o Centro Cívico, o Ecomuseo Forno do Forte, a Casa da Cultura de Seaia, o Pavillón Municipal ou a Praza Villar Amigo.
Entre as iniciativas destacadas están o Campamento de Semana Santa, o Obradoiro de Barro no Ecomuseo, a Festa da Xuventude, o espectáculo familiar “O Tranvía Leonardo”, e un novo pase do documental “Lévame a idea”, que pon en valor a música de tradición oral galega. Non faltarán tampouco as propostas deportivas, con torneos de fútbol e volei, e a tradicional procesión de Venres Santo, acompañada pola Banda de Gaitas de Malante.

Programación Semana Santa Malpica

  • DO LUNS 14 AO MÉRCORES 16 DE ABRIL: CAMPAMENTO SEMANA SANTA NO AUDITORIO DO CENTRO CÍVICO
    De 9.00 A 14.00. Para nenas e nenos de 3 a 12 anos (de balde).
    Inscricións ata o 7 de abril nas oficinas xerais do Concello e no teléfono 981707104.
  • DO LUNS 14 AO XOVES 17 DE ABRIL: XORNADAS DE PASCUA  NA CASA DA CULTURA DE SEAIA
    De 9.00 A 14.00 para nenxs de 4 a 12 anos. . Inscricións no 611747756 da ACD Carcaxía.
  • DO MARTES 15 AO SÁBADO 19 DE ABRIL:  OBRADOIRO DE BARRO NO ECOMUSEO FORNO DO FORTE
    De 16.30 A 18.30, a partir de 3 anos (DE BALDE). Sen inscrición previa, máximo 15 persoas ( Por orde de chegada)
  • MARTES 15 DE ABRIL: TORNEO DE VOLEI NO PAVILLÓN MUNICIPAL
    De 10.30 A 13.30 (En función do número de inscricións). A partir de 11 anos (DE BALDE)Inscricións ata o 10 de abril nas oficinas xerais do Concello no 690047448
  • MÉRCORES 16 DE ABRIL: TORNEO FÚTBOL 3X3 NO PAVILLÓN MUNICIPAL
    De 10.30 A 13.30 (En función do número de inscritos). De 7 a 12 anos. Inscrición ata o 10 de abril nas oficinas xerais do Concello no 690047448
  • MÉRCORES 16 DE ABRIL: PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL “LÉVAME A IDEA”. 
    Ás 20:00h no Centro Cívico. Un recoñecemento ás creadoras e divulgadoras da música de tradición oral
  • XOVES 17 DE ABRIL: XI FESTA DA XUVENTUDE NA PRAZA VILLAR AMIGO
    Organiza: ACD Mallas de Area
  • VENRES 18 DE ABRIL: ACTOS LITÚRXICOS E PROCESIÓN acompañada da Banda de Gaitas de Malante NA IGREXA DE SAN XULIÁN DE MALPICA. A PARTIR DAS 18.00.
  • SÁBADO 19 DE ABRIL: II ANADAINA POPULAR O QUINTEIRO
    SAÍDA ÁS 9.00 DA IGREXA DE BUÑO e COMIDA NO PAVILLÓN DO CEIP JOAQUÍN RODRÍGUEZ OTERO
    Organiza: AVSC O Quinteiro.
  • SÁBADO 19 DE ABRIL: MONÓLOGO DE QUICO CADAVAL NO ECOMUSEO FORNO DO FORTE.
    A PARTIR DAS 19.00. Organiza: AVSC O Quinteiro
  • DOMINGO 20 DE ABRIL: O TRANVÍA LEONARDO de Fantoches Baj, ás 17:00h na ÁREA RECREATIVA DE RÍO DE VAA. PÚBLICO FAMILIAR A PARTIR DE 3 ANOS

 

Comentarios