![belen-malpica]()
¡I é que non é para menos! A maior parte das pezas que compoñen o belén que está situado na
igrexa parroquial de Malpica teñen case setenta anos de antigüidade e foron feitas de forma artesanal. Este nacemento foi recuperado grazas á implicación do
párroco e dun
grupo de veciños.
O belén ten un alto valor social, ademais do económico. As súas orixes remóntanse ao ano 1946, cando o párroco Santiago Abuelo Alvite e a mestra, dona Anastasia, organizaron unha función de teatro no cine Lerio co fin de recadar fondos para mercar figuras novas. Deste modo, dedúcese que a maior parte pezas adquiríronse no
1947, coincidindo coa chegada de Benigno Rocamonde,tras o falecemento do cura anterior, e de dona Lidia, a profesora que relevou a Anastasia.
O muíño e o portal, construído por Pepe de Paz, son algunhas das pezas más emblemáticas deste belén no que, por aquel entonces, se implicou todo o pobo para a súa realización. Hai uns 15 anos, un grupo de veciños de Malpica decidiu recuperar o nacemento para o que foi necesario restaurar algunhas das pezas e mercar outras novas, sendo o máis idénticas posible ás orixinais.
Visitas
Os interesados en ver o belén poden achegarse ata a igrexa parroquial de Malpical de luns a venres a partir das 18 horas ou as fins de semana pola mañá. Estará exposto ata o día de san Xulián.