Martes. 15.10.2024
El tiempo

Malpica rasura as zonas de ocio coa chegada do verán

Malpica rasura as zonas de ocio coa chegada do verán
Acondicionadas as zonas de Malpica A zona de Beo, a praia de Seaia, o camiño ao Santo Hadrián e o acceso ás zonas da ría, recibiron unha boa afeitada Chega o verán e os concellos póñense as pilas coa desbrozadora. Temos visto moitas brigadas esta semana acondicionando os accesos ás praias e poñendo a punto os servizos para a temporada de verán. Así o está facendo o Concello de Malpica, que vén de facer unha completa limpeza e mellora da área de ocio da praia de Beo e dos seus accesos, así como das praias de Seaia e Riás ou dos accesos ao campo de San Miro. Outra zona que está perfectamente acondicionada é a de Santo Hadrián, que esta fin de semana acolleu a mítica Romaría do Santo Hadrián. En vindeiras semanas continuarán os traballos de limpeza de cunetas, espazos turísticos, áreas recreativas ou campos da festa.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios