Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Malpica séntase na Mesa da Normalización

Malpica séntase na Mesa da Normalización
Portada do libro de Carlos Callón

Edicións Xerais, a Mesa pola Normalización Lingüística e a A.C. Caldeirón artellan unha cita cas letras galegas en Malpica para este vindeiro luns 14 de maio ás 20,30 horas no Centro Cívico de Malpica.

A cita servirá para presentar o novo libro de Carlos Callón, "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos". Un Callón que terá ración doble na comarca de Bergantiños, pois o mércores 16 recibirá ademais o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo nun acto no marco da campaña Vitaminas para o galego.

O acto, que contará coa participación de Xosé Cotelo, responsable da MESA en Bergantiños, Francisco Souto da A.C. Caldeirón e, como non, Carlos Callón.

"Como defenderes os teus dereitos lingüísticos"

En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».

A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Por este motivo, o autor ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos.

Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capítulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños e n'A Costa da Morte

Comentarios