Venres. 03.05.2024
El tiempo

Novedosa Pescadería fotográfica surfeira en Malpica

Novedosa Pescadería fotográfica surfeira en Malpica
Pescaderia fotografica en Malpica

Orixinal dende logo a proposta que nos chega dende Malpica. A brava xente de SurfGZ está a preparar unha pescaderia fotografica en Malpica o 29 e 30 de este mes, que chegará paralelo ao I Campionato de Longboard.

A idea: gozar dunha fin de semana de surf, actividades relacionas coa cultura do surf e a fotografía, longskate e música.

Nesta primeira edición da Pescadería Fotográfica vanse reunir na vila de Malpica os máis coñecidos fotógrafos vinculados ao mundo da natureza e o surf en Galicia.

Como nos explican dende SurfGz, "O concepto de Pescadería Fotográfica xorde por mor de unir un pobo mariñeiro tradicional como é o de Malpica co surf a través da fotografía. Galicia con máis de 1.000 km. de costa é o diamante sen puír no mundo do surf en Europa, e disto estánse a dar conta numerosos fotográfos e bloggers que ao longo de toda costa, de norte a sur, están a dar a coñecer sitios e ondas impresionantes. Na rede podemos ver a crecente cantidade de sesións fotográficas a través das redes sociais, blogs e medios específicos como webs ou revistas".

Así Este evento conta coa autorización e apoio do Concello de Malpica, o cal cede o mercado munincipal que conta cuns 23 postos para os participantes así como outras infraestruturas e espazos espazos para concertos e talleres. Horario: sabado inauguración ás 18:00 ata as dez da noite. Domingo de 12:00 a 18:00.

Xa poden poñerse en contacto coa organización en [email protected].

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios