Malpica terá a súa primeira Escola Infantil


Vén de asinar o Concello de Malpica un convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, para a construción na localidade bergantiñá da primeira escola infantil pública. Un centro que ofertará un total de 41 prazas divididas en 3 unidades, para o que todavía non temos prazos de execución. I é que a partir de agora, unha vez asinado o convenio de colaboración co Concello, procederase á redacción do proxecto e á licitación das obras de construción, que comezarán este mesmo ano.
A conselleira Beatriz Mato indicou que a posta en funcionamento desta nova escola elevará ata as 369 as prazas de 0-3 anos na comarca de Bergantiños, un 12,5 por cento máis das que hai na actualidade. O investimento ascenderá a 400.000 euros e ao mantemento anual da infraestrutura destinaranse 185.000 euros.
Novas relacionadas
- 07-05-12: A comarca de Bergantiños conta xa con 328 prazas de escola infantil.
- Novedosa Pescadería fotográfica surfeira en Malpica.
- Natureza, historia e etnografía facendo sendeirismo por Malpica.
- Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).