luns. 07.07.2025
El tiempo

Manualidades e baile soben a autoestima dos malpicáns

Manualidades e baile soben a autoestima dos malpicáns

Varias propostas chegan dende o Concello de Malpica para que os veciños ocupen o seu tempo./p>

Obradoiros

Por unha banda, seguen en marcha os Obradoiros de Manualidades para a terceira idade e para discapacitados, aos que asisten este ano un total de 50 alumnas/os.
Un obradoiro realízase na Casa do Oleiro en Buño os martes e xoves de 16:00 a 19:00 horas e os restantes no Centro Cívico en Malpica con horario o de manualidades os mércores e venres de 16:00 a 19:00 horas e o de discapacitados os xoves de 11:00 a 13:00 horas.

Ademais, o Concello tamén pon en marcha o Obradoiro de Autoestima que xa se encontra na súa terceira edición. Este obradoiro realizarase no Centro Comarcal de Buño, todos os mércores de 10 a 11:30 horas e no Centro Cívico de Malpica os venres de 11 a 12:30. O curso será impartido pola técnica de Igualdade do Concello.

Baile para maiores

O Concello de Malpica de Bergantiños leva realizando desde fai varios anos todos os domingos de 20:00 horas a 23:00 o Baile de Terceira idade no Centro Cívico de Malpica.
Tódolos primeiros de mes lévase a cabo unha actuación amenizado por un grupo en directo, o próximo 6 de Febreiro contaremos coa presenza do grupo “Libertad”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios