Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O mellor escaparate de Nadal de Malpica foi o da Floristería Lolita

Primeiro Premio Floristería Lolita
Escaparate da Floristería Lolita
O mellor escaparate de Nadal de Malpica foi o da Floristería Lolita
Floristería Lolita fíxose co primeiro premio do Concurso de Escaparates Nadal 2020 organizado polo Concello de Malpica. Desde o xurado, composto polos concelleiros Sergio García e Alfredo Cañizo, ademais de pola técnico de Turismo, destacaron o alto nivel das propostas presentadas.

O segundo premio foi para o salón de peiteado Ana Ures, namentres que o terceiro foi para Calzados LC. O primeiro consta de 300 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro, de 100 euros.

Participaron, ademais, o salón de peiteado Espellos, Tía Carmen, Cartafol, Floristería Mayca, Xoiaría Pallas e Lolas.
Segundo Premio salón de peiteado Ana Ures
Escaparate de Ana UresTerceiro Premio Calzados LC
 Calzados LC

Comentarios