Martes. 07.07.2020
El tiempo

O Mercado de Abastos de Malpica, unha gran oportunidade de emprendemento

O Mercado de Abastos de Malpica, unha gran oportunidade de emprendemento

O 29 de xaneiro remata o prazo para presentar ofertas para obter un posto no Mercado Municipal de Abastos de Malpica. Unha boa oportunidade, para comezar un negocio nun espazo singular como un Mercado, un deses lugares que dá vida a unha vila.

Ademais, despois de anos de baixada de actividade, os prezos son sensiblemente inferiores aos dos anteriores propietarios, e apenas chegarán a 150€. O prazo da concesión serán 8 anos, sendo o presuposto base da licitación 21.493,99 euros.

A documentación xeral par participar na poxa presentaranse no Rexistro Xeral, e tamén por correo electrónico á seguinte dirección: [email protected].

comentarios