Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Ministerio de Cultura premia o proxecto de dinamización lectora da Biblioteca do CEIP Milladoiro

Biblioteca CIEP Milladoiro
As responsables do centro malpicán explicando nunha captura do vídeo que podedes ver abaixo
O Ministerio de Cultura premia o proxecto de dinamización lectora da Biblioteca do CEIP Milladoiro

Leva anos sendo unha referencia a nivel estatal, non só galego. Pero o traballo da Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica segue colleitando recoñementos.

Desta volta, o seu Proxecto Documental Integrado “Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade” foi premiado polo Ministerio de Cultura e Deporte a través do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) coa Distinción Anual Sello CCB 2021.

Así estiveron Fátima Romero, mestra responsable da Biblioteca; Sandra Cao, a directora; e marta Couto, Xefa de Estudos; así como varias responsables da ANPA Ventorrillo, recibindo por videoconferencia o galardón da entidade estatal.

Un gran éxito de toda unha comprometida comunidade educativa, que leva anos convertindo a Biblioteca LeoLab, como comprobamos no seu blog bemilladoiro.blogspot.com, nunha biblioteca omnipresente e aberta a todas as titoras para integrala como dinamizadora do programa escolar de cada curso.

Aquí tendes o vídeo no que o contan tanto as mestras como o alumnado:

BEscolaresPrimaria_CCB2021 from bemilladoiro on Vimeo.

Novas relacionadas

Comentarios