Venres. 25.09.2020
El tiempo

A mocidade de Malpica aprende a pensar contra o feísmo cun obradoiro de urbanismo

Ao acto acudiron o alcalde, Walter Pardo, o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Económica, Sergio García Villar, e o concelleiro de Turismo, Seguridade, Tráfico, Servizos e Agro, Alfredo Cañizo, ademais da creadora e directora do programa, Sandra González Álvarez, e Santiago Rojo Martínez, membro de Post Arquitectos.

Entre o 24 e o 28 de agosto, Malpica desenvolve, por terceira vez, o interesante programa educativo ‘A Vila do Mañá’. Impulsado pola Deputación da Coruña e co apoio da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) e de APATRIGAL (Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego), este prpgrama pretende xerar “conciencia sobre a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe do noso concello a través de xogos”, como destacaba o alcalde Walter Pardo na presentación.

A rapazada (a partir dos 6 anos) dunha das capitais galegas da desfeita urbanística aprenderá a decatarse do que significa o feísmo urbanísitico, e aprenderán a pensar a planificación da Malpica do futuro con varias intervencións lúdicas de transformación de diferentes espazos da vila.

Así, a directora Sandra González Álvarez, explicou que a idea é conseguir que “a infancia e a adolescencia participen, de xeito activo, nos proceso de construción do espazo común, dotándoos de ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade, desde a arte e a arquitectura”.

O obradoro desenvolverase, por grupos de 10, e mantendo as medidas de seguridade. As inscricións poderán formalizarse no rexistro do Concello de Malpica.

Novas relacionadas

comentarios