Venres. 26.04.2024
El tiempo

Suso Lista leva Nerigha á Coruña: "Moito máis se pode tirar dese principio"

Suso Lista nas Portas Artabras
Cheo no local das Portas Ártabras para a charla de Suso Lista
Suso Lista leva Nerigha á Coruña: "Moito máis se pode tirar dese principio"

Trala publicación en QPC do artigo ”Nerigha, onde ceo, terra e mar se xuntan”, Suso Lista quitouse un peso de enriba tras moitos anos de investigación. Pero o artigo dá pé a levar a tese por todo o mundo, espallando a teoría da ubicación “real” do Promontorio Nerium.

Os primeiros que escoitaron a súa charla (estivo hora e media pero podería estar tres) foron os membros da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia (que hai pouco acollía a charla de Víctor Castiñeira sobre Domingo Antonio de Andrade). Este pasado xoves, o local das Portas Ártabras, sito en plena cidade vella, acollía a primeira de moitas charlas que, de seguro, Lista impartirá por toda Galicia.

Quedou tremendamente satisfeito pola acollida o propio Suso. Máis contento quedou aínda Felipe Senén ao escoitar esta teoría, que xa albiscaban Schulten ou Braun, e que dende onte asume como propia. “Moito máis se pode tirar dese principio”, apunta o arqueólogo galego.

Suso Lista nas Portas Artabras 2

Novas relacionadas

Comentarios